Inma Purriños, nominada aos premios FEPFI

TerraChaXa
A fotógrafa vilalbesa Inma Purriños volve optar un ano máis aos Premios FEPFI de Fotografía Profesional na categoría natureza.
premio fotografia purrinos vilalba portada
22 Xan 2022

A fotógrafa vilalbesa Inma Purriños volve optar un ano máis aos Premios FEPFI de Fotografía Profesional, organizados pola Federación Española de Profesionales de Fotografía y de la Imagen, que este ano celebra a súa VI edición e no que é habitual a participación desta chairega.

Inma Purriños xa recibiu varios premios e distincións polo seu traballo. Este ano preséntase ao galardón no apartado de natureza e competirá con outras nove fografías nestes apartado, dos seis que hai.

O gañador darase a coñecer o día 29 de xaneiro en Talavera de la Reina, durante o acto de entrega de galardóns.

0.1005711555481