Instalado un desfibrilador na Escola Municipal Infantil de Vilalba

TerraChaXa
As profesionais da escola, que conta con 41 nenos e nenas, recibirán unha formación específica
desfibrilador-escola-infantil-vilalba
7 Out 2024

A escola infantil municipal de Vilalba conta xa cun desfibrilador semiautomatico (DESA). Este desfibrilador darase tamén de alta na Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia 061, de tal forma que poderá empregarse nos espazos públicos máis próximos en caso de emerxencia.

“É unha satisfacción dotar á escola infantil deste desfribrilador, aumentando as equipacións de seguridade no centro”, asegura a alcaldesa, Marta Rouco, que desprazouse ata o centro coa concelleira de Ensino, Paula Vigo Lamas.

As profesionais da escola, que conta con 41 nenos e nenas, recibirán unha formación específica para coñecer o funcionamento pormenorizado do dispositivo.

O desfibrilador súmase ao investimento realizado no verán no novo sistema de ventilación da escola infantil.

0.078423976898193