Instalan en catro parroquias de Abadín 818 lámpadas LED de alumeado público

TerraChaXa
Estas lámpadas inclúen material auxiliar e medios de elevación, o que permite mellorar o funcionamento das luminarias de maneira segura e eficiente
instalacion-luminarias-abadin
26 Out 2024

Comenzaron as obras de mellora da iluminación pública en Abadín coa colocación das novas lámpadas LED de 36 W, que substitúen ás actuais de sodio de 70 W por unha tecnoloxía máis eficiente e de menor consumo.

O obxecto é a instalación de 818 lámpadas LED de 36 W, incluíndo a súa posta en funcionamento. Estas lámpadas inclúen material auxiliar e medios de elevación, o que permite mellorar o funcionamento das luminarias de maneira segura e eficiente.

A empresa Instalaciones y Montajes Eléctricos Valdés é a responsable de levar a cabo esta renovación, que se realizarán nas parroquias de Castromaior (82 lámpadas), Fanoi (42 lámpadas), Baroncelle (55 lámpadas) e Abeledo (58 lámpadas).

As novas luminarias teñen unha maior vida útil e un menor índice de fallo, garantindo unha iluminación eficiente a longo prazo.

Este proxecto supón unha importante aposta polo aforro enerxético, reducindo o consumo eléctrico e contribuíndo a un concello máis sostible.

0.092562913894653