Instalan novas varandas no pavillón municipal de Vilalba

TerraChaXa
Foron dúas nas escaleiras centrais da bancada e outra adicional no acceso lateral traseiro
novas-varandas-pavillon-vilalba
23 Dec 2024

O Concello de Vilalba anunciou a instalación de novas varandas de seguridade no pavillón municipal, unha actuación que busca incrementar a protección dos usuarios e usuarias nas escaleiras da bancada e nos accesos ao recinto.

A alcaldesa, Marta Rouco, e a directora da Área de Deportes, Paula Vigo, destacaron a importancia desta mellora. "As novas varandas permiten que os usuarios e usuarias do pavillón municipal teñan unha infraestrutura de seguridade para subir e baixar as escaleiras da bancada, nas que a pendente podía resultar perigosa", explicou a alcaldesa.

En concreto, instaláronse dúas varandas nas escaleiras centrais da bancada e outra adicional no acceso lateral traseiro. Esta medida enmárcase dentro das accións impulsadas polo Concello para garantir o benestar e a seguridade nas infraestruturas deportivas do municipio.

O pavillón municipal continúa así a súa posta a punto, reforzando a súa accesibilidade e protección para todos os que fan uso das instalacións.

0.16487288475037