Instalan un falso teito e luminarias led no comedor do CEIP Terra Chá

TerraChaXa
O CEIP Terra Chá de Romeán aproveitou o período de vacacións para realizar unha serie de melloras nas instalacións do comedor.
7 Xan 2024

O CEIP Terra Chá de Romeán aproveitou o período de vacacións para realizar unha serie de melloras nas instalacións do comedor.

Os cambios consistiron en instalar un falso teito para mellorar o illamento térmico e acústico, solventando así o problema que tiñan. Tamén instalaron luminarias Led para mellorar a iluminación e aforrar enerxía.

Trátase dunha mellora independente que se culminará co cambio de fiestras dentro da reforma enerxética programada para este 2024.

As obras están promovidas pola Consellería de Educación.

0.091339111328125