Insua acolle a VII Festa da Xuventude entre Aldeas

TerraChaXa
Os asistentes poderán desfrutar dun xantar, xogos infantís e música
festa-xuventude-insua
15 Mar 2026

O sábado 28 de marzo, celebrarase en Insua a VII Festa da Xuventude entre Aldeas, un evento que conta coa colaboración das parroquias de Alba, Boizán e Torre. A xornada festiva arrancará ás 14:00 horas cunha sesión vermú amenizada polo dúo Tropical, dando paso a unha comida campestre con amplo menú.

Os asistentes poderán desfrutar dun xantar que inclúe entrantes, callos, costela asada con patacas ademais de bebida, sobremesa e café, cun prezo de 30 euros. Haberá tamén opción de menú infantil, gratuíto para nenos de 0 a 5 anos e con prezo reducido de 15 euros para os de 6 a 10 anos. Xa pola noite, ofrecerase cea con pinchos.

A festa continuará cunha gran verbena a cargo do dúo Tropical e o trío Rosel, garantindo animación ata altas horas. O evento celebrarase nun campo cuberto con carpa e calefacción, asegurando o confort dos asistentes.

Durante a comida haberá sorteos entre os participantes, e os nenos contarán con colchóns gratuítos para o seu entretemento.

A recollida de tíckets pode facerse ata o luns 23 de marzo no Bar Cascudo, Casa Alejandro e Casa Maragata.

0.12110304832458