Insua celebrará a Tasca do Liño o 26 con Marisa Barreiro como pregoeira

TerraChaXa
Tamén está aberto o prazo para inscribirse no xantar
tasca-do-lino-insua8
6 Out 2024

Un ano máis, a Asociación de Mulleres Rurais San Bartolomé de Insua volverá celebrar a súa tradición Tasca do Liño, xornada de recreación histórica que se celebra na localidade vilalbesa de Insua.

O colectivo xa está preparando a que será a XVI edición, que ten como data escollida o 26 de outubro.

O programa previsto, que aínda está pechándose, seguirá a liña e anos anteriores, con demostración da tasca do liño, charlas sobre emprendementos rurais e oficios tradicionais, música tradicional, demostracións artesáns e postos de artesanía, e exposicións, unha delas posiblemente de cestería.

Ademais, Marisa Barreiro, a directora do Iescha, será a encargada de ler o pregón inaugural.
Nesta festa colaboran a Deputación, Concello e Fundación Artesanía de Galicia, entre outros.

Tamén está aberto o prazo para inscribirse no xantar que se celebrará na Tasca e contará no menú con callos con garavanzos, codillo, pan, viño tinto e branco, auga e refrescos, ademais de sobremesa, café e licor. O prezo é de 24 euros por persoa.

Para inscribirse hai que anotarse no teléfono 696 618 454.

0.13688397407532