Investigado por unha agresión a un surfista en Barreiros

TerraChaXa | LugoXa
A Garda Civil imputou en calidade de investigado, ás 9.
13 sep 2019

A Garda Civil imputou en calidade de investigado, ás 9.00 do pasado día 9, a un veciño de Mondoñedo, de 57 anos de idade, como presunto autor dun delicto de lesións. Os feitos supostamento sucederon o día 24 de agosto, na praia de Lóngara, en Barreiros, cando o investigado foi acusado de agredir a un terceiro que se atopaba practicando surf.

A ferida provocóulle a vítima unha sutura de sete puntos no pómulo esquerdo.

O investigado xa pasou a disposición xudicial no Xulgado de Instrución número 2 de Mondoñedo.

DETIDO EN RIBADEO. Os axentes tamén detiveron esta semana en Ribadeo a un veciño de Ferreira do Valadouro, de 41 anos, como suposto autor dun delito continuado de furto, que consumou desde o pasado mes de xuño e acúsano doutro en grado de tentativa moi recentemente, todos eles perpetrados nun hipermercado das aforas. A persoa detida pasou a disposición xudicial.

 

 

 

0.092558860778809