Investigado un alfocense por conducir cunha taxa de alcol de 0,86 milígramos
A Garda Civil imputou en calidade de investigado na localidade de Burela a un veciño de Alfoz de 69 anos como suposto autor dun delicto contra a seguridade vial. Os feitos aconteceron na estrada LU-P-1502. Cando os axentes procederon a identificar ao condutor dun vehículo, sometérono á proba de alcoholemia e arroxou unha taxa de 0,85 mg/l de aire espirado. O investigado pasou a disposición xudicial.
Aparte, a Garda Civil imputou en calidade de investigado a un súbdito rumano de 20 anos, veciño de San Pedro de Benquerencia en Barreiros, como suposto autor de lesións, tras ser acusado de agredirlle a un terceiro provocándolle policontusións.
Tamén investigan dende a tarde do mércores, a un veciño de Foz de 44 anos como suposto autor doutro delicto de lesións e ameazas.
As persoas investigadas foron postas a disposición xudicial.