Invisten 30.000 euros en obras para mellorar o edificio do Belén de Begonte

TerraChaXa
Estanse a realizar obras no edificio que alberga o Belén electrónico de Begonte, promovidas polo Concello begontino e a Xunta de Galicia, para mellorar a seguridade e comodidade dos visitantes, que nas últimas edicións foron arredor de 40.
Captura de pantalla 2019 09 20 a las 13.08.18
18 Nov 2019

Estanse a realizar obras no edificio que alberga o Belén electrónico de Begonte, promovidas polo Concello begontino e a Xunta de Galicia, para mellorar a seguridade e comodidade dos visitantes, que nas últimas edicións foron arredor de 40.000.

Estase a ampliar o espazo destinado aos visitantes do Belén, que será dotado dunha grada con asentos e maior espazo para visitantes con cadeiras de rodas. Así mesmo, no exterior, substítuese a cuberta da zona de acceso ao Belén e ao salón de actos.

As obras teñen un custo de 30.000 euros e serán rematadas nos próximos días.

O Belén abrirase ao público o próximo 5 de decembro, para comezar a que será a edición número
XLVIII, desde o seus inicios en 1972.

DSC_0085 1
0.13170099258423