Iria Castro visita o taller de Sito Carracedo tralas obras da escola de Pardiñas

A deputada de Cultura Iria Castro visitou o obradoiro de instrumentos musicais de Sito Carracedo, ubicado da antiga escola de Pardiñas, en Guitiriz, tralas obras realizadas nas últimas semanas na cuberta deste edificio de titularidade municipal.
A área provincial financiou, a través dun convenio de colaboración co Concello, a reparación da cuberta para resolver os problemas de goteiras que viña arrastrando o edificio, e que afectaban ao material do histórico taller, creado en 1993 polo artesán e investigador coa colaboración da Asociación Xermolos
A deputada interesouse polos instrumentos e materiais que se conservan no obradoiro e pola traxectoria de Sito Carracedo, recoñecido pola súa traxectoria na construción de gaitas galegas e doutras tradicións musicais.
A intervención na cuberta, cun investimento de 13.000 euros, contribúe ao mantemento desta instalación municipal, facilitando a continuidade do obradoiro en Pardiñas, un lugar referente para a música tradicional grazas á Mostra de Instrumentos Tradicionais e ao Festival de Pardiñas.