Isabel Rodríguez apela á responsabilidade cidadá na xunta local de seguridade

TerraChaXa
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, copresidiu a Xunta Local de Seguridade do concello de Vilalba xunto á alcaldesa do municipio, Marta Rouco, e membros das Forzas e Corpos de Seguridade.
xunta local de seguridade vilalba
7 Feb 2024

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, copresidiu a Xunta Local de Seguridade do concello de Vilalba xunto á alcaldesa do municipio, Marta Rouco, e membros das Forzas e Corpos de Seguridade.

Isabel Rodríguez agradeceu á Garda Civil e á Policía Nacional todo o traballo que está a realizar na localidade e fixo un chamamento á veciñanza para dar cumprimento ás normas pertinentes na procura dun concello máis seguro e cunha conflitividade social baixa.

A subdelegada tamén celebrou a reafirmación do acordo de delimitación en materia de seguridade viaria entre a Policía Local e a Garda Civil de Tráfico, conseguindo mellorar a eficacia e eficiencia entre as administracións.

FIV

No transcurso da xuntanza, a subdelegada destacou o traballo das forzas e corpos no mantemento da orde pública en festivais como o FIV, nos que existe sempre unha alta presencia co fin de garantir un evento coas máximas garantías de seguridade. De cara a esta nova edición, avanzáronse algunhas das medidas para o dispositivo de seguridade, coordinando o traballo para o correcto desenvolvemento do festival.

O FIV de Vilalba chega á súa 17º edición os vindeiros 26 e 27 de abril, celebrándose na praza da Constitución. Este ano, o cartel musical estará composto por grupos como Dorian, Veintiuno, El Columpio Asesino, Grande Amore ou Iván Ferreiro, entre outros artistas.

0.10216403007507