Isabel Rodríguez preside a Xunta de Seguridade para o Festival de Pardiñas
TerraChaXa
Establecerán un dispositivo policial os días 2, 3 e 4 de agosto
Xunta de Seguridade en Guitiriz
23 Xul 2024
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, destacou en Guitiriz a total coordinación entre o Goberno e o Concello para garantir a seguridade no Festival de Pardiñas.
A subdelegada presidiu este luns a xunta de seguridade coa alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, co fin de establecer o dispositivo policial de cara á celebración os vindeiros 2, 3 e 4 de agosto do festival multidisciplinar, con distintas actividades musicais, concertos e mostra de artesanía e instrumentos.