Isabel Seidel faise co primeiro premio do certame de pintura rápida de Rábade
TerraChaXa | LugoXa
Pechou este sábado o concurso de Pintura Rápida de Rábade coa participación de 22 artistas e un primeiro premio que se levou Isabel Seidel.
9 Xul 2023
Pechou este sábado o concurso de Pintura Rápida de Rábade coa participación de 22 artistas e un primeiro premio que se levou Isabel Seidel, que recibirá 1.200 euros pola obra na que representa un dos arcos da ponte medieval.
O segundo premio, dotado con 800 euros, foi para Benigno Rodríguez Sánchez, e o terceiro para Abraham Pinto Mendoza, que terá 600 euros. Ademais, Óscar Hernán Mínguez recibe 500 euros.
Tamén houbo accésist para Miguel Tierra Rodríguez, Miguel Anxo Varela Díaz e José Luis Riestra Alonso.
Os premios foron entregados pola nova alcaldesa da localidade, Remedios González no centro sociocultural.