Iván Ferreiro, Marem Ladson e Cheese and Bacon súmanse ao FIV 2019
A organización do FIV 2019 anunciou que na nova edición sumaranse ao cartel musical Iván Ferreiro, Marem Ladsom e Cheese and Bacon Djs. Engándese estes artistas aos xa confirmados Dorian, La M.O.D.A., Miss Cafeína, Depedro e Siloé, que estarán no Festival de Vilalba os días 26 e 27 de abril.
Iván Ferreiro é un dos artistas máis prolíficos e enxeñosos que coñece a cultura do pop-rock indie en España. Pioneiro do son máis alternativo de pop rock en español xunto aos seus compañeiros do grupo Piratas. Iván Ferreiro é un músico que consegue xerar grandes emocións tanto nos seus concertos en solitario como nos que se acompaña de toda a súa banda. Creador de hits que forman parte da historia actual da música: Paxaro Azul, designada como Mellor Canción pola revista Rolling Stone española, Turnedo composta xunto ao seu irmán, todo un himno nos concertos, SPNB, Anos 80, Cidadán A, Extrema pobreza, O equilibrio é imposible. Son cancións que tocan a fibra de todos os que a escoitan nos seus shows. En 2016 alumaba Casa, un disco capaz de seducir á primeira escoita e que se asocia co mellor de Iván Ferreiro ao longo de toda a súa carreira.
Resulta bastante incrible que alguén grave un primeiro disco con apenas 19 anos e presente este nivel de imaxinación compositiva, profundidade nas letras e capacidade de interptetación. Pero é que case nada na vida de Marem Ladson resulta moi normal. O seu precoz talento, a súa seguridade, a súa madurez... Con apenas un single (All My Storms, 2017) chamou a atención de medios e programadores, catalogándoa como unha das promesas máis firmes do panorama musical.
Esa promesa faise realidade no seu disco de debut homónimo Marem Ladson. Composto por once cancións que se pasean polo pop, o rock e o folk e gravado da man de Brian Hunt e Juan Diego Gosálvez no Invernadero (Madrid), soa inquedo, ambicioso, especial. Hai espazo para hitazos como Shades of Blue, tamén para clásicos instantáneos como Everything I've Ever Lost (Is Coming Back); elegantes e emocionantes cancións introspectvas (For and About, My Corazón) e pezas que insinúan que o futuro camiño creativo de Marem será apaixonante (Coming Home, Losing Control).
Cheese and Bacon gustan de gozar das súas sesións coma se fosen parte do público, e aí radica o seu segredo, en compartir a súa paixón pola música e contar co feedback do público para xerar unha atracción mutua e un goce conxunto.
Musicalmente abertos a todos os estilos, fundamentalmente nas súas sesións atoparedes unha base electrónica mesturada con rock, indie, ítalo-disco, synthpop, remezclas propias e infinidade de hits. Compartiron escenario con grandes grupos nacionais e internacionais, estando en salas como Sala Rem, Bizzart, Revolver (Murcia), Marabillas (Madrid), Praia Club (Coruña), Mondo (Vigo), Kaelum, Maraca Club (Mallorca) e en festivais tales como, Low Festival, Sonorama Ribeira, Intro Music Festival...
Un show efervescente cargado de diversión, decibelios e moitas sorpresas que sempre presenta esta parella nos seus brutais directos.
Continúan á venda os abonos a 31 euros más gastos ata esgotar existencias, a través dos puntos oficiais www.fivdevilalba.com e www.eventbrite.es.