Izán Morandeira gaña a segunda edición do Torneo de Videoxogos de Guitiriz

TerraChaXa
Ao finalizar o evento realizouse a entrega de obsequios a todas as persoas participantes, así como dos trofeos
torneo-de-viodeoxogos-guitiriz
29 Dec 2025

A Escola Habaneira de Guitiriz acolleu a celebración da II edición do Torneo de Videoxogos do Concello de Guitiriz, na modalidade de Mario Kart, cun total de 24 participantes.

O gañador do torneo foi Izán Morandeira Aguion, tras unha emocionante competición chea de velocidade e diversión.

Ao finalizar o evento realizouse a entrega de obsequios a todas as persoas participantes, así como dos trofeos. Asistiron á entrega a alcaldesa Marisol Morandeira e a concelleira responsable da Área de Integración, Promoción e Servizos Sociais, Sofía Sánchez.

⚙ Configurar cookies
0.075742959976196