Javo Orejas correrá en Sídney o seu sétimo 'major' e completa así o circuíto máis prestixioso de maratóns

TerraChaXa
O deportista de Rábade, que xa completou os seis grandes maratóns internacionais, prepara agora a proba australiana que se incorpora este ano ao calendario oficial
Reunión-Javo-Orejas-Xunta
6 Aug 2025

O atleta lucense Javier Vázquez, coñecido deportivamente como Javo Orejas, prepárase para disputar o vindeiro 31 de agosto o maratón de Sídney. Será o seu sétimo gran maratón internacional, pechando así a súa participación no exclusivo circuíto “World Marathon Majors”.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, eloxiou o percorrido deportivo deste corredor natural de Rábade, que xa logrou completar os seis maratóns máis recoñecidos do mundo: Nova York, Tokio, Boston, Londres, Berlín e Chicago, sendo este último o que disputou en 2022.

O maratón de Sídney estréase este ano como parte oficial do calendario do prestixioso circuíto internacional, converténdose así no sétimo evento recoñecido polos “World Marathon Majors”. Con esta proba, Javo Orejas consolidará a súa presenza entre a elite de corredores populares que completaron este esixente desafío global.

⚙ Configurar cookies
0.16363596916199