Jesús Pernas, o zapateiro de Goiriz, cumpre 102 anos de vida

TerraChaXa
A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo achegáronse ata a Casa Zapateiro
Casa-Zapatero-Vilalba
Casa-Zapatero-Vilalba
13 Xul 2024

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, visitou a Jesús Pernas, o Zapateiro de Goiriz, para felicítalo polos 102 anos que cumpre no día de hoxe, 13 de xullo, e celebrará coa súa familia.

Xunto a alcaldesa, tamén a concelleira Paula Vigo se achegou ata Goiriz para ámbalas dúas transmitirlle a súa admiración e felicitacións a Jesús Pernas, quen xa acumula experiencia no club dos centenarios e se converte así no único home vilalbés que supera a centuria.

Ademais, a rexedora e a concelleira agasallaron Jesús do Zapateiro cun ramo de flores en forma de homenaxe: “É un auténtico pracer visitalo e ver a súa cara de felicidade, sempre está contento” asegurou a alcaldesa, Marta Rouco, que aproveitou para compartir un agradable momento con Jesús e a súa familia.

0.12753009796143