Jesusa Camaño gaña o Certame Literario do Concello de Vilalba

TerraChaXa
O xurado do Certame Literario escolleu a Jesusa Camaño Giráldez pola súa obra As feridas dun amor efémero como preámbulo desta morte soñada".
premio poesia literario concello vilalba portada
20 Ago 2022

O Concello de Vilalba fai público o fallo do xurado do XLVIII Certame Literario, do que resultou gañadora Jesusa Camaño Giráldez coa súa obra As feridas dun amor efémero como preámbulo desta morte soñada.

O xurado fórmano Darío Villanueva, membro da Real Academia Española; Ramón Villares, catedrático de Historia, Xulio Xiz, xornalista; e Fidel Fernán, director do grupo de Radio Principal.

Jesusa Camaño é licenciada en filoloxía hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e ademais obtivo o CELGA 5, máximo nivel do certificado en lingua galega. A escritora traballou en distintos centros educativos como profesora de Lingua e Literatura Galegas.

Alén da súa profesión, sempre lle gustou escribir, polo que xa publicou varios artigos e participou en diversos certames. Ademais, comisionou exposicións literarias co apoio da USC.

0.1571409702301