Jordi Cicely presenta en Friol 'El verano que volvió Sherezade', unha novela ambientada no municipio

O domingo 9 de novembro, ás 18.00 horas, no Centro Sociocultural de Friol celebrarase a presentación da novela 'El verano que volvió Sherezade', da autoría de Jordi Cicely. A obra, publicada pola editorial Fanes, foi lanzada o pasado mes de outubro e recrea as lembranzas dos veráns dos anos 90 en Friol (entre música, paisaxe e dificultades persoais).
Na novela, o protagonista, Jairo, retorna ao seu pobo natal tras unha perda emocional e revive antigos vínculos, entre eles o de Sherezade, figura feminina que marcou a súa xuventude. O relato tamén aborda temas como o trastorno obsesivo compulsivo, que o autor viviu en primeira persoa.
A presentación, organizada con apoio do Concello de Friol, inclúe un coloquio co autor e sesión de sinaturas. A entrada é gratuíta ata completar aforo. A cita supón unha oportunidade única para os lectores lucenses de coñecer de preto a obra e o seu creador, así como disfrutar dunha tarde literaria nun contorno do que a novela bebe directamente.