Jorge Martínez proclámase gañador do I Torneo de Parchís de Guitiriz

TerraChaXa
O pasado venres, 15 de decembro, a Biblioteca Pública Municipal Casa Habanera do Concello de Guitiriz acolleu o I Torneo de Parchís, no que participaron 32 persoas, con idades comprendidas entre os 7 e os 80 anos.
19 Dec 2023

Un total de 12 participantes disputaron a fase final, na que se proclamou vencedor Jorge. Acompañárono no podio Borja López, Noel López e Otilia Varela.

Desde o Concello de Guitiriz queremos felicitar a todas as persoas participantes, nunha primeira edición exitosa tanto no número de xogadores e xogadoras como no nivel de satisfacción amosado por eles e elas mesmas, e desexamos que sexa unha cita que se poida manter no calendario de actividades anuais da Administración local.

0.15464997291565