José Ángel Santos reúnese coa conselleira de Vivenda e Infraestruturas

O Concello de Friol, por medio do seu alcalde, José Ángel Santos, vén de manter unha importante reunión coa Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, co obxectivo de avanzar en diversos proxectos que "marcarán un antes e un despois para o municipio".
Durante o encontro, abordáronse distintas alternativas de desenvolvemento que, segundo se anunciou, converterán a Friol en protagonista de novas iniciativas "que impulsarán a súa modernización e mellorarán a calidade de vida da veciñanza".
Dende o Concello, Santos subliñou a importancia de manter este tipo de diálogo institucional para garantir que Friol continúe avanzando no ámbito urbanístico, social e económico.
Os proxectos previstos inclúen a mellora de infraestruturas viarias, actuacións en materia de vivenda e novas alternativas para favorecer o asentamento de poboación e o crecemento económico local. Esta iniciativa forma parte dun plan estratéxico "que pretende dinamizar a vida municipal e xerar oportunidades para todos os habitantes".
As autoridades locais destacaron o seu compromiso en seguir traballando para que Friol se converta nun referente en desenvolvemento sostible e modernización, agradecendo á Xunta de Galicia a súa colaboración activa e o seu apoio a este tipo de proxectos estratéxicos.
Con este paso, Friol continúa apostando por un futuro con máis oportunidades e unha maior calidade de vida para todos os seus veciños e veciñas.