José Cuba acaba oitavo no europeo de Kaspiysk
O deportista vilalbés José Cuba acadou un oitavo posto na cidade daguestaní de Kaspiysk (Rusia) no Campionato Europeo sénior, que comezou o 30 de abril coa modalidade de grecorromana.
O vilalbés perdeu en cuartos de final ante o polaco Robert Baran despois de ter pasada a primeira rolda de calificación. O polaco partía como favorito avalado polo subcampionato de Europa de 2016, sen embargo foi o vilalbés o que comezou domiñando e incluso tívoo fácil para gañar directamente por tocado de espaldas en dúas ocasión do primeiro asalto, pero tras un erro arbitral a favor de Baran e outros que cometeu o vilalbés acabaron por darlle o enfrontamento ao rival por 11 a 4. Así finalmente, perdería en semifinais ante o actual campión do mundo, o georgianao Petriashvilli, deixando a Cuba sen opcións de loitar polas medallas.
O español mellor clasificado foi o balear Metriveli que acadou un 5º posto tras perder bronce ante o representante serbio.
Agora toca preparar as próximas citas internacionais, comezando polo torneo internacional de Sassari (Italia) a finais de maio como preparatorios dos Xogos do Mediterráneo de Tarragona.
Tamén o deportista Catriel Pehuén loitará nestes días a categoría de pesos pesados dos panamericanos que se desputan en Perú. O arxentino formado no club vilalbés disputará o primeiro enfrontamento ante o actual campión da Copa do Mundo, o estadounidense Gwizadowski, tendo moitas posibilidades de loitar polas medellas.
Catriel comezou a facer loita en Vilalba chegando a ser campión de España pero a falla de posibilidades de saír con España lle fixo probar sorte co seu país de orixe, hoxe é un indiscutible da selección arxentina e combina os adestramentos no Centro Nacional de Alto Rendemento de Arxentina con tempadas en Vilalba e outros países.