José Cuba, campión de España sénior

TerraChaXa
José Cuba vén de acadar o seu 17º título de Campión de España sénior no nacional que tivo lugar esta fin de semana en Murcia.
jose cuba portada
31 Maio 2021

José Cuba vén de acadar o seu 17º título de Campión de España sénior no nacional que tivo lugar esta fin de semana en Murcia.

O vilalbés pasa por ser o loitador español con máis títulos nacionais a nivel absoluto dominando a categoría dos pesados case que de maneira continua nos últimos 20 anos, fallando á máxima cita estatal en 3 ocasións por mor das lesións.

Lonxe de pensar no retiro, cos seus 40 anos conta con permanecer na competición mentres poda manter a forma física e compaxinar os adestramentos coa súa profesión de Policía Nacional, aínda que a partir de agora os obxectivos terán unha perspectiva de ano en ano.

Neste últimos anos tivo que loitar moi duro para demostrar a uns reticentes técnicos federativos que a idade non era un problema para manterse ao máximo nivel en ciclos de 4 anos  logrando impoñerse como unha das mellores bazas españolas na competición internacional. Hoxe Cuba vese con forza e con compañeiros de adestramento que o poden axudar a continuar na lidia mentres a bioloxía non mande parar.

jose cuba campion loita
0.11992692947388