José Cuba gaña os Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros

TerraChaXa
O loitador vilalbés Jose Cuba acaba de proclamarse campión do Mundo de policías e bombeiros nos Xogos Mundiais de Rotterdam.
jose cuba ouro xogos mundiais policias e bombeiros
25 Xul 2022

O loitador vilalbés Jose Cuba acaba de proclamarse campión do Mundo de policías e bombeiros nos Xogos Mundiais que se están a celebrar en Rotterdam.

Cuba alzouse co primeiro posto en peso pesado nas tres modalidades da competición. O sábado disputou a modalidade de libre olímpica e dokijngo alzouse co ouro  nas modalidades de Grecorromana e Grappling.

Remata unha boa competición para Cuba que deixa patente o bo estado de forma para afrontar os clasificatorios olímpicos do próximo ano.

0.18662905693054