José Cuba, quinto no Mundial de loita praia

TerraChaXa
O deportista vilalbés José Cuba (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba) acadou un quinto posto no Mundial de Beach Wrestling (de loita praia) que vén de celebrarse na praia turca de Sarigerme.
8 Out 2018

O deportista vilalbés José Cuba (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba) acadou un quinto posto no Mundial de Beach Wrestling (de loita praia) que vén de celebrarse na praia turca de Sarigerme.

O deportista vilalbés estreouse nesta disciplina con dúas vitorias ante Trufas (Rumania) e Borsos (Hungría) e caendo en terceira rolda ante o turco Mete.

Dende o club consideran que é un bo resultado polos dous combates gañados e a disputa ata o final pola medalla de bronce na súa estrea nesta disciplina que por outra banda lle sirve de preparación para as próximas citas de cara ao 2019 xa na disciplina olímpica.

A selección Española estivo formada por 6 deportistas, tendo Galicia como único representante a Jose Cuba Vázquez na categoría de sénior +90 kg. A liga mundial de Loita Praia, moi nutrida con excampións mundiais, europeos e olímpicos.

0.19236397743225