José Díaz Castro celebra o seu 106 aniversario acompañado pola familia en Begonte

José Díaz Castro, un veciño de Begonte viviu esta semana unha xornada moi especial porque celebrou nada máis e nada menos que o seu 106 aniversario. Un exemplo de vida e lonxevidade que enche de orgullo a toda a comunidade.
O Concello de Begonte non quixo deixar pasar esta data sen mostrar o seu recoñecemento e agarimo. Por iso, a Concelleira de Cultura, Sonia Varela, desprazouse ata o domicilio de José para felicitalo persoalmente e facerlle entrega dun agasallo en nome de todos os veciños e veciñas do municipio.
Desde o Concello, quixeron trasladar os seus mellores desexos e destacar a importancia de contar con referentes como José, símbolo de sabedoría e memoria viva do noso pobo.