José Manuel Peña Romay gaña o Certame de Arte do belén de Begonte
O pintor lucense José Manuel Peña Romay, vén de acadar o Premio do Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán, convocado pola entidade promotora do Belén de Begonte, dotado con 1.500 euros e estatuiña de Sargadelos, pola súa obra Praza Maior.
Pola calidade do traballo, concedeuse Mención de Honra dotada con estatuiña de Sargadelos a Santiago Lago Canzobre, de Ferrol, pola súa obra Néboa no cantón.
Os premios serán entregados o 27 de xaneiro próximo, no decurso dos actos de clausura do Nadal en Begonte, que se celebrará no salón do Centro cultural convocante.
O xurado estivo formado por Sagrario Sánchez Ramil, xefa territorial de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia; Sonia Varela García, Concelleira de Cultura de Begonte e directiva do Centro Cultural; Aurelia Balseiro García, directora do Museo Provincial de Lugo; Gonzalo Sánchez Folgueira – “Zalo”, pintor; e, como secretario sen voto, actuou Xulio Xiz, presidente da entidade convocante.