José Tomé e Patricia Otero formarán parte do Comité Federal do PSOE

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Ademais, César Mogo formará parte da nova Executiva tal e como se anunciou no congreso celebrado en Sevilla
congreso-federal-psoe-sevilla
2 Dec 2024

O Partido Socialista na provincia de Lugo sae reforzado do 41 Congreso Federal do PSOE celebrado esta fin de semana en Sevilla coa elección do secretario Xeral dos socialistas de Lugo, presidente da Deputación de Lugo e alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e da deputada no Congreso dos Deputados por Lugo, Patricia Otero, para formar parte do Comité Federal e do senador por Lugo, César Mogo Zaro, na Executiva Federal do PSOE como secretario do PSOE Exterior.

José Tomé expresou a súa satisfacción porque os lucenses entren a formar parte da primeira liña da dirección do partido, a onde trasladarán “as necesidades e propostas para seguir avanzando no desenvolvemento das potencialidades da nosa provincia, achegar e mellorar os servizos públicos aos veciños e veciñas, crear emprego, impulsar o rural e fixar poboación”.

O presidente da Deputación fixo unha valoración moi positiva do proceso congresual no que Pedro Sánchez renovou a Secretaría Xeral, unha cita na que “o partido demostrou fortaleza e unidade en torno ao proxecto liderado polo Presidente do Goberno”. “Para nós é unha moi boa noticia que deste Congreso se conseguira o compromiso de afrontar o financiamento local, que para nós é moi importante”, afirmou. Así mesmo, nese sentido, puxo de manifesto a moi activa participación que está tendo a delegación lucense neste proceso congresual.

0.14409303665161