Juan Gude e Nía Franco gañan a primeira carreira popular de Cospeito

Juan Gude e Nía Franco proclamáronse vencedores absolutos da cuarta edición da carreira popular Concello de Cospeito, celebrada este domingo sobre un percorrido de dez quilómetros destinado ás categorías sénior e sub-23.
Na proba masculina, Gude cruzou a meta en primeira posición cun tempo de 32.48 minutos. José Francisco Rocha chegou segundo, con 33.38, e Cristian Montecelo completou o podio cun rexistro de 34.06.
Na categoría feminina, Nía Franco impúxose cun tempo de 42.07 minutos, seguida de María Álvarez, que rematou en 43.16, e Fina Blanco, terceira con 43.33.
Entre os máster, Marcos Codesal foi o máis rápido da categoría A masculina, cun tempo de 36.02 minutos, seguido de Álex González (36.29) e Diego Yáñez (36.46). En máster A feminina, María Álvarez levou a vitoria con 46.16 minutos, por diante de Laura Rábade (47.22).
En máster B masculino, o primeiro posto foi para Manuel Pérez, con 33.35 minutos, seguido de Daniel Martínez (36.02) e Miguel Anxo Nogueira (38.09). Na categoría máster C, Óscar Murado foi o segundo clasificado con 35.22 e Luis López terceiro con 36.22.
En máster C feminina, Fina Blanco repetiu triunfo cun tempo de 43.33 minutos, acompañada no podio por Eva Babiano (45.05) e María Ares (49.53).
Nas categorías de base tamén houbo protagonismo. Entre os sub-16 masculinos venceu Hugo Ferro cun tempo de 3.49 minutos, seguido de Brais Martínez, co mesmo rexistro, e Bruno Pintos, terceiro con 4.07. Na proba feminina sub-16 impúxose Alba Filgueira (4.09), por diante de Amelia Carrillo (4.11) e Noa Villota (4.17).
Na categoría sub-10, a vitoria foi para María Portas, que completou o percorrido en 2.56 minutos, mentres Samuel Prado foi segundo (3.03) e Fernando Piñeiro terceiro (3.04).
A cita reuniu a numerosos atletas e afeccionados nun ambiente festivo e competitivo.