Kamante Teatro sorprende en Xermade cunha versión única de 'Carapuchiña Vermella'

TerraChaXa
Será este sábado 8 de febreiro, ás 17:30 horas, a Escola Habanera de Roupar
kamante-teatro
6 Feb 2025

Este 8 de febreiro, ás 17:30 horas, a Escola Habanera de Roupar en Xermade será o escenario dunha representación teatral especial a cargo de Kamante Teatro. A compañía atreveuse a reinterpretar un clásico universal cunha proposta innovadora: La historia jamás contada de una niña llamada Caperuza.

O espectáculo, dirixido a un público familiar, promete descubrir os segredos e feitos descoñecidos deste conto tradicional, mediante o uso de monicreques e obxectos que sorprenderán dende o primeiro momento. A posta en escena conta coa creatividade de Luís Vigil, quen engade un enfoque único e inédito á obra.

A actividade enmárcase no programa Dinamiz-ARTj, promovido polo Instituto para a Transición Xusta (ITJ) e a Fundación Cidade da Enerxía (CIUDEN).

0.13106203079224