Kevin Cuba fíxose co bronce no campionato de loitas olímpicas de Pontevedra

TerraChaXa
Os deportistas vilalbeses Kevin Cuba e Xiao Xeoane participaron esta fin de semana nos campionatos galegos de loitas olímpicas U20 que tiveron lugar este sábado no Pavillon do CGTD de Pontevedra.
kevi bronce campionato loitas olimpicas vilalba portada
kevi bronce campionato loitas olimpicas vilalba portada
5 Feb 2024

Os deportistas vilalbeses Kevin Cuba e Xiao Xeoane participaron esta fin de semana nos campionatos galegos de loitas olímpicas U20 que tiveron lugar este sábado no Pavillon do CGTD de Pontevedra. Nesta proba Kevin acadou o Bronce en menos de 125 kg mentres que Xiao quedou quinto en menos de 65 kg.

Este sábado tamén se celebrou a categoría de U15 pero o club vilalbés non levou ningún deportista nesta categoría.

A próximas citas serán os campionatos galegos U13 e U17 que se celebrarán en Lugo o próximo 17 de febreiro e nas que o Club de Loitas Olímpicas Vilalba levará varios deportistas nas diferentes categorías.

0.086959838867188