Kini será o novo adestrados do Vilalba FS
TerraChaXa
Joaquín Martínez, coñecido como Kini será a partir da agora o novo adestrador do Vilalba FS para a tempada 2019-2020, equipo que milita en Terceira División, categoría que mantiño ao rematar no posto número once da táboa.
25 Xuño 2019

Joaquín Martínez xogou en equipos de Segunda Divisón B e Terceia Nacional como o Azkar Lugo, Superti A Pontenova e Ribeira FS, entre outros.
E xa, nos últimos tempos, dirixiu aos equipos de base en ligas galegas do Lugo Sala e tamén a equipos de Terceira División Nacional como tamén Ribeira e o Pontenova.
Con esta incorporación o obxectivo da incorporación do Vilalba FS é dar comezo a unha nova etapa contando cun adestrador coñecedor da categoría.