Ktivos gaña o concurso de escaparates de Burela

TerraChaXa | AMariñaXa
18 Xan 2021

Os comerciantes de Burela escolleron como gañador do Concurso de Escaparates Nadal 2020 #aluzdonadaleresti a Ktivos Burela, pola orixinalidade na decoración, que recibirá un trofeo, un boneco CCA Burela e 100 euros en vales de compra para a hostelería.

Ademais, o xurado tamén deu mencións especiais a Leira Eco-tenda, Cerezo BIKES e Calzados Tomás.
0.092154026031494