Kukas chega este sábado á Casa Museo de Manuel María

TerraChaXa
A Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei, acolle este sábado, 29 de febreiro, ás 18 horas, o espectáculo dos monicreques de Kukas, "Xan Perillán e a maleta máxica, dirixido a público familiar e pequenos, desde os catro anos.
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
27 Feb 2020

A Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei, acolle este sábado, 29 de febreiro, ás 18 horas, o espectáculo dos monicreques de Kukas, "Xan Perillán e a maleta máxica, dirixido a público familiar e pequenos, desde os catro anos. Nel mestúrase o clown e a pantomima coa maxia e a manipulación dos títeres.

Xan Perillán é un home con sorte, tocoulle nunha rifa unha viaxe a Pernambuco. Mais, onde queda Pernambuco? No hemisferio Norte ou no Sur?… cun pouco de maxia e a axuda dos nenos con certeza que o descubrirá. Xunta todas as súas cousas e vai meténdoas nunha maleta que non é unha maleta calquera… é unha maleta máxica, todo o que aquí se mete, convértese nun truco de maxia… 
Aí, Xan Perillán, que traballos está a pasar! E por riba o seu loro Ravachol aparece e desaparece por arte de birlibirloque.

A peza está protagonizada por Marcelino de Santiago (Kukas) e está dirixida por Isabel Rey Posada, ambos os dous fundaron hai máis de 40 anos Os monicreques de Kukas, a compañía de teatro de obxectos máis antiga de Galiza e unha das máis estables do panorama teatral galego, coa que levan producido máis de 40 montaxes teatrais entre espectáculos con marionetas, ruadas e teatro de actor. A finais de 2019 recibiron o Premio da Cultura de Galiza na modalidade de Artes Escénicas.

O billete ten un prezo de 2 euros e pode reservarse en contacto@casamuseomanuelmaria.gal.

barriga verde
0.11667203903198