Labrada celebra as festas do Carme este sábado

A parroquia de Labrada, en Abadín, acollerá o sábado 19 de xullo as festas na honra á Virxe do Carme, unha cita que cada ano reúne á veciñanza e visitantes nesta parroquia do concello chairego.
A xornada arrancará ás 13:30 horas cunha sesión vermú, seguida da verbena, que estará amenizada polo grupo Primera Línea, encargado de poñer a música a esta celebración.
A organización, que contou coa colaboración de Carpas Carboeira, instalará un campo cuberto con carpa para garantir a celebración da festa independentemente do tempo, e durante a sesión vermú haberá inchables de balde para os nenos e nenas que acudan á festa.