Labrada celebra as súas festas na honra a San Antonio esta fin de semana

TerraChaXa
O sábado as actividades comezarán coa ruta cabalar
banderines-festas-patronais
13 Jun 2025

A parroquia de Labrada, no concello de Abadín, prepárase para vivir unha fin de semana de festa con motivo das celebracións na honra a San Antonio.

O sábado as actividades comezarán coa ruta cabalar e, a continuación, celebrarase a misa solemne ás 13:00 horas, seguida da tradicional procesión e dunha animada sesión vermú. Pola noite, a verbena estará amenizada polo grupo Galia, que promete encher o recinto de música e diversión.

O domingo 15 de xuño, repetirase o esquema festivo coa misa e procesión ás 13:00 horas e a sesión vermú a cargo do dúo Venus, que tamén se encargará de animar a celebración dominical.

Todas as actividades terán lugar nun campo cuberto con carpa, asegurando así o bo desenvolvemento da festa independentemente do tempo.

⚙ Configurar cookies
0.17055988311768