Labrada, en Guitiriz, celebra as patronais en agosto

TerraChaXa
O sábado 9 comezarán as festas ás 13.30 horas cunha misa solemne seguida da procesión
festas-labrada
8 Aug 2025

Os veciños de Labrada, pertencente ao municipio de Guitiriz, celebrarán a vindeira fin de semana do 9 e 10 de agosto a festividade relixiosa en honra a Nosa Señora e á Virxe das Dores.

O sábado 9 comezarán as festas ás 13.30 horas cunha misa solemne seguida da procesión. Ao finalizar os actos litúrxicos, celebrarase a sesión vermú co grupo Euphoria, formación que tamén amenizará a verbena da noite acompañada do trío Roma.

O domingo 10, comezará ás 13.30 horas a celebración da misa solemne con procesión. Na sesión musical dese día serán os protagonistas a orquestra Supertop.

⚙ Configurar cookies
0.60777616500854