Labrada estará de festas a fin de semana

TerraChaXa
A música correrá a cargo de Eureka, Venus e Stereo
festas-en-labrada
8 Ago 2024

Esta fin de semana darán comezo as festas de Labrada, en Guitiriz, na honra a Nosa Señora e á Virxe das Dores.

Así, os grupos Venus e Eureka serán os encargados de poñer a música a xornada do sábado, co segundo en dobre sesión.

O domingo será a vez da orquestra Stereo, que tamén farán dobrete.

Tanto sábado como domingo haberá misa solemne ás 13.30 horas, seguida de procesión.

0.18161201477051