Ladra, en Vilalba, celebra as súas festas patronais

TerraChaXa
Los Adrianos e Fania Blanco Show actuarán o sábado
festa-ladra
7 Out 2024

A localidade de Ladra, celebra as súas festas na honra á Virxe dos Remedios, que terá lugar os días 12 e 13 de outubro con misas ás 11.30, 12. 10 e 13.30.

O sábado, logo do oficio relixioso, o programa continuará cunha procesión e sesión vermú a cargo de Los Adrianos, que terá dobre sesión na verbena da noite xunto a Fania Blanco Show.

O domingo será o último día de festa e despois do oficio relixioso, ás 13.30 horas, a sesión vermú do dúo Venus poñerá punto final ás celebracións.

0.13641810417175