Ladra estará de festa sábado e domingo

TerraChaXa
Actuarán Fuxion Latina, Rumbo Norte e La Hora Bruja
festas-en-ladra
31 Jul 2025

A parroquia de Ladra, no concello de Vilalba, prepara as súas tradicionais festas na honra a San Salvador e á Virxe dos Dores, que se celebrarán os días 2 e 3 de agosto de 2025. O evento contará cun amplo programa de actividades relixiosas e musicais para todos os públicos.

O sábado 2 de agosto, a festa comezará cunha sesión vermú a partir das 14:30 horas a cargo do grupo Fuxion Latina. Xa pola noite, a verbena estará amenizada por Fuxion Latina e o dúo Rumbo Norte, garantindo unha noite de animación e baile.

O domingo 3, ás 13:30 horas, terá lugar a misa solemne en honra aos patróns, seguida da tradicional procesión. A continuación, os asistentes poderán desfrutar dunha nova sesión vermú coa música do dúo La Hora Bruja.

⚙ Configurar cookies
0.14506196975708