Lagoa e Fitoiro-Afoz, na Pastoriza, estarán de festa esta fin de semana

A localidade pastoricense de Lagoa celebra esta fin de semana as súas festas na honra a San Xoán. O sábado, despois da misa e procesión, ás 13.30 horas, contarán coa música do grupo Fénix en sesión vermú e verbena.
O domingo só haberá sesión vermú e será co dúo Venus. Haberá misa e procesión tamén este día á mesma hora.
Tamén haberá festas no lugar de Fitoiro-Afoz, na parroquia de Bretoña. Hoxe, venres terá lugar unha comida popular a partir das 22:00 horas e amenizada polo dúo Tropical.
O sábado 21, a xornada comezará coa misa solemne ás 13:30 horas, seguida da tradicional procesión e dunha sesión vermú a cargo do trío Rosel. Xa pola noite, a partir das 22:00 horas, terá lugar a verbena co mesmo trío Rosel e co dúo Belinda.
O domingo 22 celebrarase a misa solemne ás 14:00 horas, seguida doutra procesión e dunha nova sesión vermú, nesta ocasión amenizada polo dúo La Hora Bruja.
Todas as actividades realizaranse nun recinto cuberto con carpa, para garantir o seu desenvolvemento independentemente das condicións meteorolóxicas.