Lambiscadas científicas chega a Muimenta para falar de carrachas

TerraChaXa
A iniciativa conta co apoio de XuvenCiencia, a Deputación de Lugo e a Universidade de Santiago de Compostela, entre outras entidades
conferencia-carrachas-muimenta
2 Oct 2025

A Asociación de Empresarios de Muimenta organiza unha nova cita do ciclo Lambiscadas Científicas, que terá lugar o venres 3 de outubro ás 20:00 horas no local social do centro médico de Muimenta.

Nesta ocasión, a xornada estará dedicada ás enfermidades transmitidas por carrachas, cunha charla informativa que busca dar a coñecer estes patóxenos e ofrecer recomendacións para a súa prevención.

A iniciativa conta co apoio de XuvenCiencia, a Deputación de Lugo e a Universidade de Santiago de Compostela, entre outras entidades, e pretende achegar a ciencia á veciñanza de maneira práctica e divulgativa, ofrecendo ferramentas para protexer a saúde fronte a riscos presentes no medio natural.

⚙ Configurar cookies
0.083997011184692