Lanzós celebra esta fin de semana as festas de San Xosé

A parroquia de Lanzós, en Vilalba, xa ten todo listo para celebrar as súas tradicionais festas de San Xosé os días 15 e 16 de marzo. O evento contará cunha variada programación que inclúe actos relixiosos, sesións vermú e grandes verbenas para animar as xornadas festivas.
O sábado 15 de marzo comezará cunha misa ás 13:30 horas, seguida dunha procesión e dunha sesión vermú amenizada polo grupo Paréntesis. Pola noite, terá lugar unha gran verbena coa actuación de Paréntesis e o grupo Beatriz, que dará o pistoletazo de saída á súa xira na Terra Chá.
O domingo 16 de marzo tamén haberá misa, procesión e sesión vermú, nesta ocasión co dúo Eclipse, que será o encargado de poñer o broche final ás festas.
Todos os actos celebraranse nun campo cuberto con carpa, asegurando así a continuidade da festa independentemente das condicións meteorolóxicas.