Lanzós celebra esta fin de semana as súas patronais
TerraChaXa
A parroquia vilalbesa de Lanzós celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra a San Xosé.
15 Mar 2019
A parroquia vilalbesa de Lanzós celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra a San Xosé.
As actividades darán comezo o sábado ás 13.30 horas coa celebración da misa solemne seguida da sesión vermú, que estará a cargo de Trío Innovación.
Pola noite haberá verbena a cargo das orquestraas Cinem e A Fórmula, que presentará o seu novo espectáculo pola Terra Chá.
O domingo haberá tamén misa pola mañá, á memsa hora e sesión vermú. O apartado musical estará a cargo do grupo D'Nika.
A organización lembra que haberá unha carpa para protexer aos asistentes das inclemencias do tempo.