Lanzós prepara as súas festas na honra a San Martiño para a fin de semana
TerraChaXa
O domingo a festa comezará ás 13.30 horas con misa solemne, procesión vermú a cargo do dúo Élite

5 Nov 2025
A parroquia de Lanzós, en Vilalba, organiza as súas festas na honra a San Mariño. A celebración terá lugar o 8 e 9 de novembro.
O programa, no que colabora o Concello de Vilalba, comeza o sábado ás 13.30 horas con misa solemne, procesión e sesión vermú a cargo da orquestra Folixa. Pola noite, a verbena estará a cargo das orquestas Folixa e Límite.
O domingo a festa comezará ás 13.30 horas con misa solemne, procesión vermú a cargo do dúo Élite. O campo estará cuberto con carpa.