Lanzós prepárase para celebrar as festas na honra á Virxe do Carme con música e tradición

A parroquia de Lanzós, no concello de Vilalba, vivirá un intenso fin de semana festivo os días 12 e 13 de xullo, con motivo das tradicionais festas na honra á Virxe do Carme.
O sábado 12 de xullo, a xornada comezará cunha misa solemne ás 13:30 horas, seguida da tradicional procesión e dunha animada sesión vermú a cargo do grupo Madastur. Pola noite, a festa continuará cunha gran verbena amenizada polos grupos Madastur e Panamá Band.
O domingo 13 de xullo, repetirase o programa relixioso coa misa solemne ás 13:30 horas, a procesión e a sesión vermú, nesta ocasión coa actuación do dúo Son de Festa.