Lareiras de Soños volverá tratar o tema dos frescos dos Vilares cos novos políticos elexidos

TerraChaXa
A Asociación Socio-Cultural Lareira de soños dos Vilares volverá reunirse cos novos gobernos da Deputación Provincial de Lugo e do Concello de Guitiriz para lembrarlles que hai un acordo da comisión de Cultura do Parlamento Galego (decembro de 2017) para que a Xunta de Galicia, conxuntamente coa Deputación, o Concello e a diócese de Modoñedo-Ferrol acorden a fórmula definitiva para a restauración das pinturas murais do século XVI.
frescos
17 Xul 2019

A Asociación Socio-Cultural Lareira de soños dos Vilares volverá reunirse cos novos gobernos da Deputación Provincial de Lugo e do Concello de Guitiriz para lembrarlles que hai un acordo da comisión de Cultura do Parlamento Galego (decembro de 2017) para que a Xunta de Galicia, conxuntamente coa Deputación, o Concello e a diócese de Modoñedo-Ferrol acorden a fórmula definitiva para a restauración das pinturas murais do século XVI.
A Lareira solicitará reunirse coa nova alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, e cos novos responsables da área de Cultura da Deputación Provincial co fin de recuperar tan importantes pinturas e sacalas da "lista vermella do patrimonio do estado, na que ten entrado para vergoña das institucións a pesares dos anos de demanda de solución por parte da asociación dos Vilares".

"Co proxecto xa redactado por encargo de Patrimonio da Xunta de Galicia, a contratación dos traballos depende unicamente de decisións políticas, para o que seguiremos a insistir dado onperigo de desaparición definitiva dos mesmos si non se actúa para frear o seu paulatino deterioro", explican os membros desta asocaiación.

Asismesmo, e pasados os diferentes procesos electorais, solicitarán novamente a Patrimonio retomar os contactos co resto de institucións e trasladar a situación dos frescos de estilo gótico hispano-flamenco dos mestres de Parga e Nogueira ao Parlamento Europeo.

Os frescos da igrexa de San Vicenzo dos Vilares constitúen unha serie de catro pinturas de grande valor, das cais unha delas, a imposición da casulla de San Ildefonso, é a única con esa temática en toda Galiza.

Desde o seu descubrimento en 1991, os frescos foron deteriorándose até entrar nun grave risco de desaparición pola falta de actuacións que garantizasen o seu mantimento, as rozaduras dos bancos, as humidades e outras causas ambientais, até tal punto que teñen sido incluídos, pola súa importancia e pésimo estado, nas listas vermellas do patrimonio en Galiza e do Estado.

"É por isto que a Asociación Socio-Cultural Lareira de Soños seguirá traballando para acadar a súa restauración, posta en valor e divulgación definitivas ás institucións públicas. Temos realizado accións tendentes a chamar a atención sobre a posíbel perda das pinturas e reclamado infructuosamente a súa reparación a través de entrevistas, máster universitario, reclamacións no Parlamento Galego, Valedor do Pobo, edición de dípticos e paneis na igrexa, vídeo spot, logo identificativo, etc, sin que esas accións teñan aínda procucido avances, polo que seguiremos a insistir cos novos responsabeis políticos sobre este asunto até ter acadado a solución ou ou dar por perdidos definivamente uns frescos únicos dun incalculábel valor patrimonial en Galiza e na Terra Chá, conclúen.
0.19319295883179