Lecer de Gamelle celebra o seu cuarto aniversario cun gran cocido

Pol
LugoXa | TerraChaXa
O aforo é limitado, polo que é imprescindible confirmar asistencia antes do domingo 8 de marzo
Cocido galego
6 Mar 2026

A asociación Lecer de Gamelle de Pol está de aniversario e celébrao como mellor sabe: compartindo un bo cocido en boa compañía. O evento terá lugar o domingo 15 de marzo ás 14:00 horas, unha cita na que socios e amigos poderán festexar tres anos de encontros, risas e momentos inesquecibles, unindo xeracións e fortalecendo lazos.

O aforo é limitado, polo que é imprescindible confirmar asistencia antes do domingo 8 de marzo. Para os socios, o prezo será a escote, segundo o custo da compra, mentres que os non socios deberán aboar 10 euros máis do que paguen os socios.

Desde Lecer de Gamelle destacan que esta non é só unha asociación, senón unha familia, e como tal, as grandes ocasións celébranse xuntas. Para confirmar asistencia, as persoas interesadas poden contactar con Benilde no 622 038 375 ou con Milagros no 664 073 068.

0.11801695823669