Lecer de Gamelle celebra o seu primeiro aniversario cun cocido

A Asociación Cultural Deportiva polense Lecer de Gamelle celebra este mes o seu primeiro aniversario en funcionamento e para iso ten organizado unha xuntanza con cocido para o domingo 26 de marzo, ás 14.00 horas.
As persoas interesadas en asistir deben anotarse antes do martes 14 de mrazo no teléfonos 622 038 375 (Benilde) e 664 073 068 (Milagros).
O colectivo ten organizadas este ano numerosas actividades tanto para pequenos como para maiores, co obxectivo de impulsar a vida cultural e social de Cirio, onde ten a súa sede na casa escola da parroquia.
